1.- As bandas sonoras

En sentido amplo, unha banda sonora orixinal ou unha BSO (do inglés Soundtrack ou OST) é a parte do son completo e os resultados da edición de diferentes pistas sonoras dunha creación audiovisual. Inclúense por tanto os diálogos, os sons e a música así como os acompañamentos paralelos. Non obstante, normalmente o termo utilízase nun sentido máis restrinxido e refírese só á música do filme ou mesmo á comercialización dos temas musicais dunha obra como os videoxogos, o software, a televisión ou a radio.

Dende un punto de vista musical, enténdese como banda sonora orixinal a música, tanto vocal como instrumental, composta expresamente para unha obra, especialmente un filme, cumprindo o propósito de mellorar as emocións que as imaxes, os sons e os diálogos non poden expresar por si sós.

No sentido físico, a banda sonora dun filme pode ser de dous tipos: magnética ou óptica. No primeiro caso, unha ou máis bandas de gravación pasan polas beiras da cinta magnética da película. Estas liñas teñen que ser lidas por un dispositivo en sincronía coa proxección das imaxes, de forma que os sons son xerados de forma semellante ao que facía un lector de cinta. No caso de bandas sonoras ópticas, son áreas claras e escuras nun ou en ambos lados da cinta da película. As diferentes intensidades de luz son convertidas en impulsos eléctricos para crear a banda sonora. Actualmente xa se están usando sistemas dixitais.

Nos últimos anos, algúns compositores famosos foron: John Williams, Joe Hisaishi, Hans Zimmer, James Newton Howard, Danny Elfman, Basil Poledouris, James Horner, Vangelis, Nicola Piovani ou Ennio Morricone.Imagen

Anuncios