1. Eureka: “Deep Space Industries, otra empresa de minería de asteroides”
  • Texto demasiado denso, sen xustificar, sen demasiados cambios de letra que chamen a atención sobre o lector… non invita á lectura. Ausencia de subcategorias (co seu correspondente título) para separar os distintos temas que se tratan no artigo.
  • As imaxes teñen pouco colorido, pouco atractivas.
  • Falta de enlances para complementar a información do artigo.

      2.      La receta de la felicidad: “Brownie en cáscara de huevo”

  • Texto con estructura sinxela e atractiva, que invita á lectura, complementado con enlaces e alternando diferentes tonos no texto.
  • As imaxes son suxerentes e moi representativas da temática que se trata no artigo.
  • Introduce un formato diferente para resaltar a receita (cor do fondo, tipo de letra…)

      3.      Yo fui a EGB: “Diez taquillazos de la EGB”

  • O formato do artigo non é moi claro, as explicacións son demasiado curtas.
  • O emprego de enlaces ás diferentes películas ou a unha maior información sobre elas, facilitaría o seu recoñecemento automático.
  • As imaxes fan referencia ás películas do momento.

        4.      Bolboretas galegas: “Aelia rostrata (Boheman, 1852)”

  • Formato rechamante, con cores luminosos.
  • O texto un tanto denso, nembargantes introduce un gran número de enlaces que complementan a información do texto. Así mesmo, as imaxes aparecen intercaladas no texto para facilitar a súa lectura.

       5.       Trece poemas: “Díxenllo á noite triunfa en Tel-Aviv”

  • Non hai unificación no texto, fai difícil a súa comprensión. Non hai clasificación dos diferentes apartados do artigo, mestura a información con páxinas de consulta sen enlazar.
  • Non hai imaxes.

 

Anuncios